jueves, 16 de marzo de 2017


Falábamos onte (que diría o poeta) da actuación poético- musical de Aldaolado. Foi un espectáculo cheo de música, de "poesía- street" (sospeito que non existe ese termo pero paréceme adecuado para definir unha poesía que busca a súa inspiración na rúa, nos graffitis e no cotidiano) , de ironía e de humor. Tamén houbo tempo para a creatividade. Partindo de versos de poemas da literatura galega os asistentes foron quen de compoñer este poema que vedes.
Longa vida á poesía e á creatividade!

No hay comentarios:

Publicar un comentario